Comezos

Equipo polo ano 1997
Ano 1997

Ao comezo o clube naceu baixo o nome de Independente das Fontiñas, porque na altura na que foi creado había un outro clube no barrio, o Club Deportivo Fontiñas: “eles levaban todos os cartos e as subvencións. Eran o clube oficial que contaba co beneplácito da asociación de veciños, resumindo, era o clube “pijo”. Nós quixemos facer un clube propio, á marxe deles, así que nos puxemos Independente”, contoulle a Vieiros David Rodeiro, xogador do equipo dende no seu comezo. “Cando nos chamabamos Independente, dixéronnos da federación que non podía ser: Non podiamos ser Independente porque había outro en Vigo, e non podiamos ser das Fontiñas porque aí estaban, co mesmo nome, os nosos rivais; así que decidimos chamarnos Estrela Vermelha“.

Equipo de barrio
Equipo de barrio

As cousas no primeiro ano de vida do Estrela Vermelha foron daquela maneira, “moi chafulleiras- conta Rodeiro-, Tiñamos que poñer 100 pesetas cada un para pagarlle ao árbitro ao final dos partidos e cada un tamén tiña que pagar a súa propia ficha de xogador. Pero despois de cada partido iamos de cañas polos bares. No primeiro ano quedamos de penúltimos, e de último quedou o outro equipo das Fontiñas, co que nós xa nos demos por contentos: conseguíramos a nosa misión, quedarlles por riba”.

Corría o ano 2010
Corría o ano 2010

A melhor clasificación do clube foi ficar polo medio da táboa, e daquela moitos dos xogadores foron fichados por outros equipos de categorías superiores ou da mesma, “e tamén veu xogar con nós xente doutros equipos de categorías superiores, de 2ª rexional, como o Sionlla ou o Chaián, e é que o ambiente era moi bo”.

Retirada
Retirada

Corría o ano 2013 cando o clube tomaba unha decisión: abandonar o fútbol ou, como se lle empezou a chamar pouco despóis, “fútbol británico”. Varios dos xogadores continuaron xogando nos pavillóns de Compostela na liga de fútbol sala, mais nacía unha nova aventura: o fútbol gaélico.

 

Nova era: o fútbol gaélico

Debut no Grove
Debut no Grove

O fútbol gaélico, un deporte de masas e altamente paixonal que ten as súas orixes en Irlanda, comezadaba a pegar forte na Galiza polo ano 2013. Os primeiros clubes naceron no 2010, pero non foi ata o ano 2012 cando comezou a despegar, chegando a xogarse unha primeira edición da Liga Galega (formato 7’s), con varios equipos e máis competicións coma a Liga Gallaecia en proxecto.

Primeiro adestramento feminino
Primeiro adestramento feminino

Tras un primeiro ano de éxitos, onde se acadou a victoria na Liga e Copa galegas e se competiu cara a cara contra os equipos máis potentes do Estado, o clube dobraba a súa aposta por este deporte ao formar unha sección feminina. Dende ese día, quen o diría, o clube acumula tres Ligas e tres Copas galegas consecutivas e é habitual velo nas partes altas das clasificacións.

Unha familia
Unha familia

Moitas persoas pasaron polo clube durante, pero todas elas de seguro gardan un anaquiño dentro de sí, enchendo 20 anos de terra, deporte e amizade.